lunes, 26 de junio de 2017

SITUARSE NO PRESENTE PARA PREVER AS RESPOSTAS


O sentido da anticipación é fundamental nunha modalidade deportiva na que a toma de decisións ten de ser inmediata. “Flow”,  fluír, é a obra cumio do psicólogo e escritor croata, profesor na Universidade de Chicago, Mihalyi Csikszentmihalyi
“Un libro básico en la redefinición de la subjetividad humana. En este best seller mundial, la psicología, la filosofía y el humanismo se unen para responder a una pregunta fundamental: ¿Qué es la felicidad? Partiendo de la base de que todo ser humano alguna vez ha vivido un «estado de experiencia óptima», el autor señala las características y el modo en que toda persona puede ser capaz de superar sus conflictos emocionales y llegar a una genuina calidad de vida. «Una gran contribución a la educación del público sobre el carácter positivo de los más profundos anhelos humanos.» The New York Times Magazine [comentario en Casa del Libro].
Ainda máis, o profesor Csikszentmihalyi desenvolve idénticos principios teóricos no campo dos deportes na obra: FLOW IN SPORTS: THE KEYS TO OPTIMAL EXPERIENCES AND PERFOMANCES.
O fluxo, esa toma encadeada de decisións sen resistencias e que semella interiorizada obedece con todo a un traballo previo de posta en situacións que logo van ter lugar na competición durante miles de veces, ata que as mellores respostas se producen cun ar de aparente automatismo (e así sucede en boa parte). O outro ingrediente para acadar a excelencia prodúcese cando o fluxo xa está conseguido e non é outro que a creatividade: a capacidade para innovar, para tomar decisións estratéxicas singulares, intelixentes, que dan un selo de identidade, un ADN diferencial ao xogador. 
Só desde a focalización, a instalación no presente, pódense tomar decisións nas que prime a intuición, entendida como o summum da sabedoría adquirida polas experiencias acumuladas de causa-efecto. Decídese un golpe, unha intensidade, unha traxectoria polas expectativas de éxito, tendo en conta os resultados obtidos anteriormente. Téñense ademais en conta as consecuencias con relación ás posibles respostas do contrario, os efectos sobre a disposición, colocación e reacción do propio compañeiro... e todo iso sen pasar por alto circunstancias como: presión das bólas, condición da superficie e as paredes, altitude do lugar do partido, características da pá, etcétera, etcétera, etcétera.
Semella imposible resumir todas as variables que interveñen niso. O cerebro ten unha capacidade ilimitada para trazar redes neuronais capaces de manexar ao mesmo tempo inxentes cantidades de información dispoñibles para a continua e fluída toma de decisións e, ademáis, para facilitar o desempeño e evitar un exceso de ansiedade por sobre demanda ou pola sensación de perda de control, por crerse infradotado. O cerebro tamén ten preparado outro recurso moi útil para os supostos de máxima esixencia: a elección de obxectivos troncais desde un enfoque extraordinariamente selectivo e en orde á súa importancia no logro da maior eficacia posible. Así, algúns destes mantras poderían ser:
-flexión continua de pernas con baixada do centro de gravidade
-flotando na pista
-todas as bólas ao máis feble
-atacar o medio con bólas baixas
-restar sempre con globos ao pau longo
-sacar e subir
-bóla branda e cambio de ritmo con bóla vantaxosa
-crea, pasao ben,  adopta o mellor e máis enxeñoso en cada situación
-cero erros non forzados
-ángulos curtos buscando a malla...

...estratexias mentais que axudan a incrementar a concentración e que diferenzan ao xogador competitivo do que se dilúe ante os retos coma o zucre no café.




                                     ©imagen: Homsasport.com. (Trabajo de propiocepción)



© Entrada: Santi Casal. 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...