viernes, 23 de junio de 2017

Cabeza de rato ou cola de león?



Son dúas aspiracións tan contrapostas como o son os modelos de práctica aos que aspira o xogador. Detrás deles está o egocentrismo, os intereses particulares, ás veces por riba da dinámica de grupo. O principiante total mesmo agradece ser cola de león porque xogar cos mellores acelerará o seu proceso de aprendizaxe. Cando o xogador alcanza unha fase mesetaria, pode suceder que desexe mudar o seu obxectivo e facer súa a máxima “entre os cegos, o chosco é o máis sabio”. Nese mar calmo onde parece que os niveis se teñen estabilizado, o cabeza de rato satisfará a súa vaidade e o seu ego machucando nos colas de rato; ou pode que canse de estancarse e aspire a máis, mesmo a abordar o estado de cabeza de león. Ese é o reino dos estacazos, das curas de humildade, da clarificación de obxectivos e a posta a proba dos principios necesarios para a maduración. É nese mundo no que as paixóns semellan concentrarse nos logros tanxibles. Cando estes non se corresponden co traballo realizado e coas expectativas, prodúcese un estancamento no que se conserva o status de vaca sacra, máis polos froitos da memoria que polo contraste dunha realidade que se dulcifica con pretextos ben chuscos. É a clase dos que un día marcado no calendario gañáronlle a fulanito ou a menganito; é a clase dos que miran de esguello á bancada cando realizan unha diablura nos torneos churrasqueiros da urbanización. Por baixo deles, latexan incontables niveis de mundos e inframundos habilitados por coliñas de león, cabezas de rato e colas tamén de roedor: a feira das vanidades!




                                                    























© imagen: Alex.psicologia clínica: "egolatría"




© entrada: Santi Casal. 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...