domingo, 30 de diciembre de 2012

¿esquecer o tenis para xogarmos ao pádel?

 
Cumpre aproveitar o moito que leva interiorizado o tenista respecto a mecanismos automáticos de resposta no canto de atacar unha bola. A técnica de golpeo, as empuñaduras, a posición dos pes e ombreiras, a visión do campo e o campo de visión... ¡tantas cousas en común, e, sobre todo, a mentalidade de que unha tendencia contraria sempre se pode cambiar e unha tendencia positiva hai que certificala sen vendela pel antes de cazar ó oso.
Pero xa concretando sobre as rutinas na elección das armas para seren utilizadas na cancha de dez por vinte metros, dúas cosas son as máis difíciles de incorporar por parte dun tenista cando se decide a coller a pala:
-Incluír o globo no seu habano de golpes. Diría máis: convertelo no golpe máis utilizado, como defensa para volver recuperar a posición, o tiralo como un golpe de ataque, porque nos permite avanzar ate a rede. GLOBOS, GLOBOS, GLOBOS. Eses golpes tan denostados por algúns e que mesmo teñen provocado que algún amigo se fartara e abandonara partidos porque para eles o tenis pode tratarse de que o contrario lles xogue para darlles pracer, ou sexa, para que poidan gañar.
-Golpear suave, golpear forte, cambios de ritmo, sacar a bola o deixala morta alí onde aniñan as arañas, no rincón, buscar espazos pero tirar moito ao medio, e XOGAR TEMPERADO, sen urxencias, suave e en flexión, tendo conta de que a forza nos se volva nun argumento en contra para golpear potente só con bolas vantaxosas para definir.
Por tanto a técnica que trae o tenista á pista pequena é un filón. Só se trata de axustar a mentalidade.



lunes, 3 de diciembre de 2012

POSTA A PUNTO INVERNAL

Esta é a época do ano na que convén intensificar a preparación xenérica de base que nos vai dar un plus de eficacia no noso desenvolvemento nas competicións do curso vindeiro. E o momento de ir enriquecendo o traballo aeróbico e de readquisición de resistencia iniciado en Setembro coa introdución de exercicios nos que a presencia de cargas e a realización a velocidades altas nos vaian proporcionado esa potencia que marca a diferencia cando se trata de definir e conseguir pechar puntos.
Cando falamos de cargas non hai que volverse tolos. Con frecuencia nin é preciso darse da alta nun ximnasio e acceder a eses tremendos aparatos de ximnasia pasiva. Se se pode, coa tutela dun monitor fan máis doada a planificación. Pero si non, ¿Para que está o binomio propio corpo versus lei da gravidade. Que llelo pregunten aos monxes de Saolín, capaces de tombar a xigantes coa súa capacidade para concentrar a forza explosiva de sesenta quilos nun punto e nun tempo.
Hoxe as nosas técnicas occidentais de mellora da forza e da potencia son debedoras da tradición oriental, con orixe nos asanas do ioga e termo nas artes marciais, que xa incluían o movemento. Temos na rede unha grande bibliografía para ir traballando a forza muscular dun xeito san e equilibrado, mesmo nunha tandiña curta de exercicios logo dun trote de quencemento.

PECTORAIS, HOMBREIRAS, TRICEPS: flexións hindús, flexións de brazos cos xeonllos apoiados, extensións dos cóbados con mancuernas.
CUADRICEPS: flexións de pernas co lombo apoiado na parede.
PANTORRILLAS (Prevención picadas nos xemelgos): extensión de talóns mobilizando cargas.
PERNAS, tódolos grupos musculares: costas, split búlgaro, subir escaleiras lastrado...

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...