domingo, 22 de febrero de 2015

Competir ou non competir. ¿Temos un plan? ¿Paga a pena?


O certo é que non hai como a espontaneidade para facer dun rato de tormenta de ideas algo singular e inesquecible. Como o rato que pasamos hoxe na Escola de Valores, Tenis e Pádel, en Canabal, despois de xogarmos o partido da liga “rías altas”. I é que a distensión que segue á competición propicia sempre ese estado no que o subconsciente ten presencia suficiente na realidade para que afloren sentimentos con verdade.

¡Qué importante sería que ese estado de fluxo mental fácil, de atención e focalización só no momento presente fora o que presidira a meirande parte do tempo que dura a competición! Desapegarse do pasado, acetar o que está fora do noso control e, por contra, chegar a controlar aquilo que entra dentro das nosas posibilidades...

...Chegar a acadar ese estado de “abandono” no que xa non nos preocupa o resultado para poder centrar toda a nosa enerxía no xogo, e, sobre todo, no xogo interior, na re-descuberta de nos mesmos, na estima dos nosos puntos fortes, porque na medida en que medramos medra a nosa aportación se é que hai un plan, un plan no que as loubanzas externas non pesarán nada en comparanza coa alegría que produce a satisfacción dun anhelo interiorizado.

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...