domingo, 20 de mayo de 2012

O CONTROL DA ANSIEDADE NA COMPETICIÓN DE PÁDEL

É un tópico real na dinámica cotián de actividade competitiva no club o afloramento da ansiedade tanto maior canto máis son comprometidos os partidos. Una ansiedade que si nos somos quen de controlar chega a producir unha merma ostensible no rendemento. Non quero decir que certo grado de tensión e mesmo de stress non sexa preciso e mesmo útil para poder ter a disposición dun xeito rápido recursos hormonais que aceleran a posta en acción, extreman os reflexos, etc-. Mero si sobre pasamos esa “zona individual de funcionamento óptimo (IZOF), podemos caer no descontrol da modulación do grado de activación e perder ese estado no que as potencialidades máximas flúen sen obstáculos.
Hoxe e onte no magnífico curso de instructores desenvolvido por Ronald álvarez Montero en Canabal víamos con claridade as zonas de alarma na xeografía da pista e tamén na altura e punto de impacto dos golpes comprometidos que poden sacarnos dun lío o meternos noutro peor. Pois ben, tamén no aspecto mental os xogadores de club e os alumnos das moitas aulas dirixidas por monitores federativos agradecerán a inmersión nuns valores e na adquisición dunhas ferramentas que leven ao competidor esixido a instalarse durante os compromisos difíciles nunha zona verde, desde a cal poida sentirse dono e controlador das súas emocións.
Emocións e ansiedade que se disparan diante da disputa de tantos decisivos, e sobre todo cando as expectativas previas ao partido eran de éxito. A psicoloxía deportiva propón para o caso illarse do pasado e das expectativas futuras para centrarse no presente. (Neste senso poden axudar moito os libros de Ramiro A. Calle sobre Yoga mental), Unha instalación que preve´n tanto a relaxación excesiva cando se leva o marcador moi a favor como a entrega prematura cando o resultado e moi adverso.
Tampouco hai que desprezar os trucos fisiolóxicos: practicar mesmo nos momentos máis esixentes unha respiración abdominal profunda, acompañar os esforzos agónicos coas exhalacións liberadoras, visualizarse executando de forma maxistral os nosos golpes, relativizar o resultado, e, se a pesares de todo a ansiedade levara a ser sentida como un problema que inhibe a liberdade do cotián, a visita a un psicólogo será unha boa cousa. Seguramente o camiño sería: anamnesis, reestruturación coginitiva, identificación do problema e desensibilización sistemática.
Ou tamén facer unha churrascada con pementos para querernos un chisco máis os xogadores compalerios de tantas batallas por esos mundos de Deus.


(...La ansiedad siempre será una situación que habrá que atender, ya sea, que se produzca fuera o dentro de la cancha, porque ambas podrían redundar negativamente en la performance deportiva. Por ello es que durante años la ansiedad seguirá siendo un elemento a observar por deportistas entrenadores, profesionales y psicólogos).


Para saber máis:
“Manual de supervivencia sobre el stress. Guía para corrixir desenfoques vitais”.

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...