Onte, no Estrella de Galicia, un dos adversarios da parella Luis Torremocha e Pablo López sufriu unha moi dolorosa rotura de fibras nun xemelgo. A sensación no instante da rotura e coma se che deran coa punta dun látego, e logo queima. Mais non hai que sacar as cousas de nai, pois seguindo ben o tratamento, recuperase un bastante ben e logo adquírese cultura para evitar recidivas.
No momento da rotura cumpre aplicar xeo e namentres se é trasladado a un centro médico onde teñen de inmobilizar a perna cun vendaxe compresivo. Ademais será preciso tomar antiinflamatorios. Se sodes hipertensos, decídello ao médico para que elixa o máis axeitado. E recomendable tomalo cun protector gástrico. Dependendo da magnitude da rotura entre catro días e unha semana poderemos empezar a pousar o pe no chan, a modo, calzados con zapato de tacón para que o percorrido do músculo sexa menor ao principio e sempre coa axuda de muletas. E o momento de empezar a rehabilitar. Os primeiros días só podemos recibir ultrasons e láser. Logo, conforme as molestias van desaparecendo, hai que empezar a estirar ata onde non se produza dor e, ao mesmo tempo, ir incorporando a masaxe polo fisio, para evitar a formación de adherencias no tecido cicatrizal, que si lle quitarían calidade ao músculo, con maior propensión as recaídas.
Sempre fiándonos da sensación e evitando a dor, iremos vendo, pode que a partir dos quince días ou en casos máis graves a partir do mes, a posibilidade de introducir exercicios progresivos de potenciación muscular, ata que notemos que a recuperación é total.
Pola miña experiencia, eu aconsello a utilización durante os seguintes tres meses -ou se cadra para sempre- dunha vendaxe de compresión media (valen as medias elásticas que se usan para mellorar a circulación de retorno; téndelas en decathlon, en Runner´s Shop e na Casa do Auga), utilizar de xeito preventivo Radio Salil, Aspitopic, Reflex -calquera deles- e, sobre todo quentar moito e ben. Mais aínda se coméstedes copiosamente o estades xa nunha idade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
¡ Deportes para ricos! O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...
-
A escola tradicional arxentina e do levante español insiste dende hai vinte anos en proclamar como únicamente válida a empuñadura continenta...
-
(Absolutamente recomendable la web de consejos médicos On line: www.webconsultas.com/fascitis-plantar Con independencia de la tr...
-
Esta é a época do ano na que convén intensificar a preparación xenérica de base que nos vai dar un plus de eficacia no noso desenvolvement...

No hay comentarios:
Publicar un comentario