lunes, 20 de junio de 2011

O PARTIDO MÁIS LONGO (A outra cara, amable, do pádel)

Nas estatísticas figura como tal un encontro de dezaseisavos de final celebrado o 27 de Outubro de 2011 no marco do Torneo Social de Oropesa del Mar. Enfrontábanse dúas parellas de sona local que tardaron sete horas e vinte minutos en sacar de dúbidas -a respecto do resultado- aos poucos parentes e familiares que resistían nas gradas.

Varios datos axudaránnos a mellor comprender a natureza da contenda:
-idade media dos participantes: 52 anos
-nº de golpes por xogada: 17,4 (vs. 7,1 media torneos)
-Golpe de Dereita, fondo pista: 9,5% (vs. 7)
-Golpe de Esda., fondo pista: 6,7% (vs. 4,5)
-Bandexa fondo pista: 12% (vs. 9)
-Bandexa medio pista: 14% (vs.5)
-Saída de Globo: 40% (vs.25)
-Voleas na rede: 12% (vs.32)

Distancia media percorrida por xogador/hora: 700 Mts. (vs. 9 Kms.)
Distancia total percorrida nas 7 horas e vinte minutos: 5 Kms e 250 mts.
Calorías consumidas por hora: 280 (total: 1.800)
Calorías ingeridas: en bebidas enerxéticas: 10 x 380...... 3.800
no postpartido: 3.900 co churrasco, 1.500 coa cervexa, e 1.200 coas copas
Balance: + 8.500

DATOS ANTROPOMÉTRICOS E VARIOS DOS PARTICIPANTES

Peso en Kg./xogador: 94 (vs. 75)
Tempo de quencemento: 3' (vs. 12)
Tempo transcorrido desde comida anterior: 1 hora (vs. 3H, 30')

Acceso á práctica: aos 45 anos. Reciben un mes ao ano clases dun monitor ao que logo invitan a unha churrascada.

Extracción social: clase alta. Burguesía acomodada e sen cargas familiares por motivo ningún: 1 militar en excedencia previa á xubilación, 1 prexubilado da Banca, 1 rentista, 1 accionista maioritario dunha empresa de consulting e tamén conselleiro dun banco.
Situación inmediata: de vacacións sen data de finalización.
Aloxamento: adosados en urbanización de luxo, ao pé do mar, 2ª vivenda.


As cousas non suceden porque si. E sempre hai un minuto de gloria agardando a ser vivido por aqueles que están dispostos e atentos.

1 comentario:

  1. Estou de acordo. A casuística existe, pero o empirismo é a ciencia que pon de manifesto ese porqué (porque si)dos feitos.
    Vouche engadir un dato que, será imposible de confirmar pero posible de que acontecese.
    Cea dos gañadores:
    Entrante: Dobre ración de xamón 5j
    Polbo á feira e chocos da ría.
    1ºPrato: Rodaballo (coruxo)ao champán á prancha.
    Grella variada de peixe e marisco: cigala, dourada, pescada, vieira e rape.*
    *Por orde expresa dos comensais, sen pataca cocida.
    2ºPrato: Solombo en preve verde con acompañantes verdes: grelos (recén chegados da Galicia, chícharos)
    Ensalada simple de leituga.
    Sobremesa:Coñac (Duque de Alba -reserva 1800) whisky (Cardú), café (con sacarina) e crépes (a la gallega)envolvidas en mar de nata e/ou crema.
    Todo iso acompañado da mellor bodega de Ribera del Duero e Rioxa.
    Tempo da cea: 32 minutos (vs 1h.50´)
    Tempo de Recuperación: Aínda están a preguntar polos comensais. Cando foi a última vez que foron vistos.

    ResponderEliminar

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...