martes, 4 de julio de 2017

Vantaxes e desvantaxes de xogar coa parella sentimental


Poderíase pensar sen unha análise en profundidade que unha parella sentimental tería vantaxes á hora de unírense para formar equipo no pádel. Semellaría que o seu grao de coñecemento profundo dun membro respecto do outro e a súa complicidade faríanos máis fortes. Terían condutas entre eles máis previsibles; apoiaríase mellor o un no outro; o seu pudor ao manifestar os seus estados de ánimo ou de saúde sería inexistente; coñecerían os estados de ánimo estacionais, os problemas emerxentes as motivacións, os puntos fortes e débiles da súa personalidade, etcétera. Etcétera., de maneira moi exhaustiva.
Ben, pero ¿e os riscos? Teño visto parellas que, aina reunindo todos os factores a favor máis arriba apuntados, son un artefacto explosivo que, máis tarde ou máis cedo, acaba por estalar. E cando isto ocorre é mellor non estar preto. As repercusións máis negativas non son a derrota no partido e a saída do torneo. O máis lamentable é que esas discusións afectan durante uns días á parella na vivencia e expresión dos afectos. Pero, ocorre isto dun xeito diferencial? Pode que si. Hai múltiples causas e non concorren todas necesariamente. Ás veces abonda cunha relación na que están presentes traza de machismo, sexismo, autoritarismo dun membro sobre outro con resistencia á submisión, baixa tolerancia ás críticas construtivas, gusto por recrearse nas críticas destrutivas, repartición desigual e arbitraria das cargas, baixa autoestima e celos, egolatría, perda de noción da realidade, incompatibilidade de caracteres en situación de gran esixencia desde fóra, instinto de posesión que leva a pensamentos erróneos (“mándoche porque es da miña propiedade”),  falta de obxectividade para chegar a recoñecer o propios déficits, procura no pádel do que non se atopa na relación como xeradora de frustración, sentimento de xogar por obriga, reproche ao outro membro por non ocuparse dos fillos durante longas horas de práctica que non se corresponden cos logros obtidos, etcétera, etcétera, etcétera. Pareceralles que esaxero, pero así como abondan as parellas que se formaron a partir de integrar equipo, tamén é frecuente o caso de rupturas sentimentais a partir de discusións fortes na cancha, ese teatro do mundo que saca a relucir os vicios e virtudes dos seres humanos con gran detalle.

Parece, pois, que non é despreciable o risco de mesturar sentimentos íntimos co desempeño dos roles de competición. O pádel como disparador de incompatibilidades que, se cadra, permanecían ocultas na estructura semiprofunda e que o deporte non fai más ca traer a flote.




                                                            © lasrejasopenclub




© Santi Casal, 2017


No hay comentarios:

Publicar un comentario

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...