Entre os oito e os dez anos semella a mellor idade para iniciarse no padel, con clases específicas. Facelo antes pode ser un argumento interesante para os monitores pero hai que deixar claro que desde os tres ou catro anos o enfoque das clases sería semellante á asistencia a actividade de multideportes: para facer aos cativos máis coordinados, socializalos e, sobre todo, procurarlles diversión motivadora e elementos de creatividade a través do lúdico.
Pasar antes pola familiarización co tenis axuda a conseguir a excelencia logo no padel. Para ser un xogador notable pode abondar coas clases de padel. Pero para dominar o habano de empuñaduras e a realización de golpes dun xeito natural o tenis é o precursor por elección. Sei que é unha opinión controvertida pero os feitos avalan esta tese: non só porque a meirande parte das estrelas do padel foron antes xogadores de tenis; nos nosos clubes temos visto a progresión, rápida e tamén máis duradeira, dos tenistas do equipo de competición e a súa facilidade para asimilar os xestos técnicos que requiren dunha boa biomecánica.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
¡ Deportes para ricos! O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...

-
A escola tradicional arxentina e do levante español insiste dende hai vinte anos en proclamar como únicamente válida a empuñadura continenta...
-
Polo feito de que Aznar ganara tódolos anos un torneo no Levante hispano tendo de parella a Alberto Rodríguez Piñón non podemos inferir que ...
-
Esta é a época do ano na que convén intensificar a preparación xenérica de base que nos vai dar un plus de eficacia no noso desenvolvement...
No hay comentarios:
Publicar un comentario