O certo é que non
hai como a espontaneidade para facer dun rato de tormenta de ideas algo
singular e inesquecible. Como o rato que pasamos hoxe na Escola de Valores,
Tenis e Pádel, en Canabal, despois de xogarmos o partido da liga “rías altas”.
I é que a distensión que segue á competición propicia sempre ese estado no que
o subconsciente ten presencia suficiente na realidade para que afloren
sentimentos con verdade.
¡Qué importante
sería que ese estado de fluxo mental fácil, de atención e focalización só no
momento presente fora o que presidira a meirande parte do tempo que dura a
competición! Desapegarse do pasado, acetar o que está fora do noso control e,
por contra, chegar a controlar aquilo que entra dentro das nosas posibilidades...
...Chegar a
acadar ese estado de “abandono” no que xa non nos preocupa o resultado para
poder centrar toda a nosa enerxía no xogo, e, sobre todo, no xogo interior, na
re-descuberta de nos mesmos, na estima dos nosos puntos fortes, porque na
medida en que medramos medra a nosa aportación se é que hai un plan, un plan no
que as loubanzas externas non pesarán nada en comparanza coa alegría que
produce a satisfacción dun anhelo interiorizado.
me gusta¡
ResponderEliminar