domingo, 22 de septiembre de 2013

PISTAS NOVAS EN CANABAL


 Escribo estas liñas porque aquela sinusite que collera por ver unha película do Oeste tan atrainte que non me decatara de que estaba nu non cede e tenme fincado na casa.

O certo é que nestas semanas fomos probando as pistas que ían rematándose e a impresión e marabillosa. Agora estamos a xogar un deporte máis competitivo, que debuxa mellor as características dos xogadores, da tempo para por en evidencia as fortalezas e as debilidades de cada quen, amplía as situacións e o habano de lances do xogo, pon a proba a resistencia orgánica e tamén a mental de xeito moito máis notorio e obriga a buscar espazos onde antes non eramos capaces de intuílos con rapidez bastante por buscar o recurso máis doado da devolución aleatoria por parte da malla. Por tanto, estamos a medrar. Probablemente a subxectividade propia do deportista, umbilical de máis con frecuencia, non permita decatarse de isto en toda a súa magnitude, pero será a competición a que amose que estamos no bo camiño. Por outra banda, en canto ao grao de entretemento e diversión non hai color. ¡Estamos de noraboa! Grazas entusiastas á dirección da Escola.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...