domingo, 30 de diciembre de 2012

¿esquecer o tenis para xogarmos ao pádel?

 
Cumpre aproveitar o moito que leva interiorizado o tenista respecto a mecanismos automáticos de resposta no canto de atacar unha bola. A técnica de golpeo, as empuñaduras, a posición dos pes e ombreiras, a visión do campo e o campo de visión... ¡tantas cousas en común, e, sobre todo, a mentalidade de que unha tendencia contraria sempre se pode cambiar e unha tendencia positiva hai que certificala sen vendela pel antes de cazar ó oso.
Pero xa concretando sobre as rutinas na elección das armas para seren utilizadas na cancha de dez por vinte metros, dúas cosas son as máis difíciles de incorporar por parte dun tenista cando se decide a coller a pala:
-Incluír o globo no seu habano de golpes. Diría máis: convertelo no golpe máis utilizado, como defensa para volver recuperar a posición, o tiralo como un golpe de ataque, porque nos permite avanzar ate a rede. GLOBOS, GLOBOS, GLOBOS. Eses golpes tan denostados por algúns e que mesmo teñen provocado que algún amigo se fartara e abandonara partidos porque para eles o tenis pode tratarse de que o contrario lles xogue para darlles pracer, ou sexa, para que poidan gañar.
-Golpear suave, golpear forte, cambios de ritmo, sacar a bola o deixala morta alí onde aniñan as arañas, no rincón, buscar espazos pero tirar moito ao medio, e XOGAR TEMPERADO, sen urxencias, suave e en flexión, tendo conta de que a forza nos se volva nun argumento en contra para golpear potente só con bolas vantaxosas para definir.
Por tanto a técnica que trae o tenista á pista pequena é un filón. Só se trata de axustar a mentalidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...