ENLACE
lunes, 14 de enero de 2013
domingo, 30 de diciembre de 2012
¿esquecer o tenis para xogarmos ao pádel?
Cumpre aproveitar o moito que leva
interiorizado o tenista respecto a mecanismos automáticos de
resposta no canto de atacar unha bola. A técnica de golpeo, as
empuñaduras, a posición dos pes e ombreiras, a visión do campo e o
campo de visión... ¡tantas cousas en común, e, sobre todo, a
mentalidade de que unha tendencia contraria sempre se pode cambiar e
unha tendencia positiva hai que certificala sen vendela pel antes de
cazar ó oso.
Pero xa concretando sobre as rutinas na
elección das armas para seren utilizadas na cancha de dez por vinte
metros, dúas cosas son as máis difíciles de incorporar por parte
dun tenista cando se decide a coller a pala:
-Incluír o globo no seu habano de
golpes. Diría máis: convertelo no golpe máis utilizado, como
defensa para volver recuperar a posición, o tiralo como un golpe de
ataque, porque nos permite avanzar ate a rede. GLOBOS, GLOBOS,
GLOBOS. Eses golpes tan denostados por algúns e que mesmo teñen
provocado que algún amigo se fartara e abandonara partidos porque
para eles o tenis pode tratarse de que o contrario lles xogue para
darlles pracer, ou sexa, para que poidan gañar.
-Golpear suave, golpear forte, cambios
de ritmo, sacar a bola o deixala morta alí onde aniñan as arañas,
no rincón, buscar espazos pero tirar moito ao medio, e XOGAR
TEMPERADO, sen urxencias, suave e en flexión, tendo conta de que a
forza nos se volva nun argumento en contra para golpear potente só
con bolas vantaxosas para definir.
Por tanto a técnica que trae o tenista
á pista pequena é un filón. Só se trata de axustar a mentalidade.
lunes, 3 de diciembre de 2012
POSTA A PUNTO INVERNAL
Esta é a época do ano na que convén
intensificar a preparación xenérica de base que nos vai dar un plus
de eficacia no noso desenvolvemento nas competicións do curso
vindeiro. E o momento de ir enriquecendo o traballo aeróbico e de
readquisición de resistencia iniciado en Setembro coa introdución
de exercicios nos que a presencia de cargas e a realización a
velocidades altas nos vaian proporcionado esa potencia que marca a
diferencia cando se trata de definir e conseguir pechar puntos.
Cando falamos de cargas non hai que
volverse tolos. Con frecuencia nin é preciso darse da alta nun
ximnasio e acceder a eses tremendos aparatos de ximnasia pasiva. Se
se pode, coa tutela dun monitor fan máis doada a planificación.
Pero si non, ¿Para que está o binomio propio corpo versus lei da
gravidade. Que llelo pregunten aos monxes de Saolín, capaces de
tombar a xigantes coa súa capacidade para concentrar a forza
explosiva de sesenta quilos nun punto e nun tempo.
Hoxe as nosas técnicas occidentais de
mellora da forza e da potencia son debedoras da tradición oriental,
con orixe nos asanas do ioga e termo nas artes marciais, que xa
incluían o movemento. Temos na rede unha grande bibliografía para
ir traballando a forza muscular dun xeito san e equilibrado, mesmo
nunha tandiña curta de exercicios logo dun trote de quencemento.
PECTORAIS, HOMBREIRAS, TRICEPS:
flexións hindús, flexións de brazos cos xeonllos apoiados,
extensións dos cóbados con mancuernas.
CUADRICEPS: flexións de pernas co
lombo apoiado na parede.
PANTORRILLAS (Prevención picadas nos
xemelgos): extensión de talóns mobilizando cargas.
PERNAS, tódolos grupos musculares:
costas, split búlgaro, subir escaleiras lastrado...
miércoles, 22 de agosto de 2012
IDADE PARA INICIARSE NO PADEL
Entre os oito e os dez anos semella a mellor idade para iniciarse no padel, con clases específicas. Facelo antes pode ser un argumento interesante para os monitores pero hai que deixar claro que desde os tres ou catro anos o enfoque das clases sería semellante á asistencia a actividade de multideportes: para facer aos cativos máis coordinados, socializalos e, sobre todo, procurarlles diversión motivadora e elementos de creatividade a través do lúdico.
Pasar antes pola familiarización co tenis axuda a conseguir a excelencia logo no padel. Para ser un xogador notable pode abondar coas clases de padel. Pero para dominar o habano de empuñaduras e a realización de golpes dun xeito natural o tenis é o precursor por elección. Sei que é unha opinión controvertida pero os feitos avalan esta tese: non só porque a meirande parte das estrelas do padel foron antes xogadores de tenis; nos nosos clubes temos visto a progresión, rápida e tamén máis duradeira, dos tenistas do equipo de competición e a súa facilidade para asimilar os xestos técnicos que requiren dunha boa biomecánica.

jueves, 2 de agosto de 2012
A vigorexia e incompatible coa vida sa e coa competición
Importancia da preparación xenérica de base
A competición interclubes e o calendario de torneos de pádel conceden aos meses de Setembro a Decembro -un inverno adiantado- unha importancia decisiva no que atinxe a mellorar a resistencia e, fundamentalmente no segundo bimestre, a forza e a aceleración, a potencia.
Os adestradores de Atletismo sabemos que sin facer un bó inverno non é posible competir logo ben. A resistencia mellorámola con traballo aeróbico, carreira continua, e tamén con débeda de osíxeno: interválico, costas, fsrtlek -xogo de ritmos e distancias-, series intensas con recuperación completa ou ben de intensidade algo menor mais con recuperación incompleta entre serie e serie.
Dúas veces á semana introducimos circuitos no ximnasio, con series isométricas, ximnasia pasiva, pesas -cargas pequenas e moitas repeticións a ritmos altos-. A natación non é moi complementaria. Mellor nadar con pouca intensidade, sobre todo a espalda, para aderezar a columna, e se é no mar aínda mellor polas moitas virtudes da talasoterapia.
Trátase sobre todo de atopar un peso equilibrado, unha tonicidade e unha condición óptimas para que a posta en acción sexa rápida, natural e favorecida por unha mecánica que non atope lastres na anatomía.
Hai pouco asistín a unhas semifinais dun torneo importante. A parella que ao fin gañaría non sumaba máis de 130 quilos. A aceleración do brazo, en aparencia un tendón groso coa carne xusta, e as pronacións do antebrazo e do pulso bastaban para sacar con facilidade a bola por catro e por tres, sen esforzos agónicos.
Enfronte, dous mastodontes hipertrofiados laiábanse de que a bola non andaba. E, como ía andar se para mover aquelas estruturas facían falta poleas!Só sacaban partido de finalizacións a carón da rede. Para o resto do xogo e para os remates algo máis lonxe era evidente a penalización que supoñía ter traballado o conceto de forza baseado só no volume de masa muscular e non na explosión e na subida do umbral a partires do cal se acumulan lactatos. O partido rematou prematuramente por unha rotura fibrilar nun xamelgo que xa se queixara ao remate do primeiro set. Por tanto, carreira continua, fartlek e prudencia no ximnasio: a meirande parte das veces abonda con traballar contra a resistencia do peso do noso propio corpo. A vigorexia e incompatible cunha vida sa e xa non digamos co rendemento competitivo.

viernes, 29 de junio de 2012
PÁDEL EN TEMPO DE CRISE
As expectativas son de que o paro aínda vai seguir medrando ate o vintesete e medio por cento para tocar fondo no dous mil trece, e logo iniciar unha lenta ¿? recuperación a partires de 2014.
É un feito que moitos do afeccionados ao pádel tiveron que recortar drásticamente o número de sesións para priorizar as partidas máis elementais, destinadas á vivenda, alimentación, educación dos fillos, etc. Logo hai que pensar en canto presuposto podemos gastar en aluguer de pistas ao mes e buscar a mellor fórmula para convertilo nun nº de prácticas razoable. Así, para un presuposto reducido, de por exemplo 30 euros/mes, a opción máis interesante pasaría por buscar un club no area metropolitana, canto máis preto mellor, que ofreza ben un sistema de bonus ben a través dunha cota de abonado a posibilidade de abaratar moito o importe por hora. Esta última opción é a máis aconsellable sobre todo se xoga toda a familia. Por último algunhas recomendacións para que o diñeiro non se esfume lentamente:
Levar a botella de auga da casa, e mellor aínda se é da billa, filtrada cunha xerra Brita (custo por litro: 4 cts.).
Elección do material: hai magníficas zapatillas e palas de tempadas anteriores moi rebaixadas. As primeiras abonda con que sexan estables e teñan moi boa amortiguación. En canto ás palas, seica toleamos ou que? Temos unha morea delas para probar entre as que teñen os compañeiros para non ter que dar paus de cego e andar a cambiar cada vez que sentimos falar dun modelo novo que atesoura tecnoloxía herdada da NASA o o carallo vintecinco. O avance só estriba na tutorización e no grao de motivación. E ¡ollo!: non son mellores as clases máis caras. Hai profesores honrados moi eficaces pero sen moita sona porque non se promocionan desde a faceta de xogadores. Profesores moi formados, con experiencia e mestría que ademais personalizan as clases. Son a antítese deses outros profesores estrela que semellan interpretar as clases como unha oportunidade para amosar as súas destrezas na volea e manteñen aos alumnos case que toda a hora no fondo da pista desorientados e en loita coas súas discapacidades en vez de explotar as súas capacidades. Agora ben, o que pague 400 euros ao mes porque lle conten contos chineses e para poder presumir de que recibe clases de Fulanito ou Menganito, pois problema del e un “hurra” polo vendedor de fume. O peor é que ao mesmo tempo chóranlle a merenda aos cativos ou escatiman nun seguro deportivo.
¡E as palas! Para a meirande parte de xogadores de club investir 240 euros e unha boutade. Hainas coas mesmas prestacións por 70.
Ben, os seres humanos sómosche así de vaidosos. Logo, para lavar a conciencia despois de gastar 1.500 euros ao ano por interpretar o deporte como unha boutique e unha pasarela á estimación social se donan parte das recadacións dos torneos a causas solidarias. ¿? Non sería mellor facerse socio co que se aforrara na práctica desmesurada no fondo e nas formas?
Como non atopar semellanzas cos rastrillos de Nadal organizados polas Pititas e as marquesas de Pitiminí para recadar catro cadelas e logo volver ás súas mansións a pifar viúva de Clicquot sen remordementos para brindar polo éxito da mesa petitoria?
Que non, home, que non. O deporte é o deporte, federado ou popular, e os convencionalismos sociais son outra cousa... son o teatro do mundo.

domingo, 20 de mayo de 2012
O CONTROL DA ANSIEDADE NA COMPETICIÓN DE PÁDEL
É un tópico real na dinámica cotián de actividade competitiva no club o afloramento da ansiedade tanto maior canto máis son comprometidos os partidos. Una ansiedade que si nos somos quen de controlar chega a producir unha merma ostensible no rendemento. Non quero decir que certo grado de tensión e mesmo de stress non sexa preciso e mesmo útil para poder ter a disposición dun xeito rápido recursos hormonais que aceleran a posta en acción, extreman os reflexos, etc-. Mero si sobre pasamos esa “zona individual de funcionamento óptimo (IZOF), podemos caer no descontrol da modulación do grado de activación e perder ese estado no que as potencialidades máximas flúen sen obstáculos.
Hoxe e onte no magnífico curso de instructores desenvolvido por Ronald álvarez Montero en Canabal víamos con claridade as zonas de alarma na xeografía da pista e tamén na altura e punto de impacto dos golpes comprometidos que poden sacarnos dun lío o meternos noutro peor. Pois ben, tamén no aspecto mental os xogadores de club e os alumnos das moitas aulas dirixidas por monitores federativos agradecerán a inmersión nuns valores e na adquisición dunhas ferramentas que leven ao competidor esixido a instalarse durante os compromisos difíciles nunha zona verde, desde a cal poida sentirse dono e controlador das súas emocións.
Emocións e ansiedade que se disparan diante da disputa de tantos decisivos, e sobre todo cando as expectativas previas ao partido eran de éxito. A psicoloxía deportiva propón para o caso illarse do pasado e das expectativas futuras para centrarse no presente. (Neste senso poden axudar moito os libros de Ramiro A. Calle sobre Yoga mental), Unha instalación que preve´n tanto a relaxación excesiva cando se leva o marcador moi a favor como a entrega prematura cando o resultado e moi adverso.
Tampouco hai que desprezar os trucos fisiolóxicos: practicar mesmo nos momentos máis esixentes unha respiración abdominal profunda, acompañar os esforzos agónicos coas exhalacións liberadoras, visualizarse executando de forma maxistral os nosos golpes, relativizar o resultado, e, se a pesares de todo a ansiedade levara a ser sentida como un problema que inhibe a liberdade do cotián, a visita a un psicólogo será unha boa cousa. Seguramente o camiño sería: anamnesis, reestruturación coginitiva, identificación do problema e desensibilización sistemática.
Ou tamén facer unha churrascada con pementos para querernos un chisco máis os xogadores compalerios de tantas batallas por esos mundos de Deus.
(...La ansiedad siempre será una situación que habrá que atender, ya sea, que se produzca fuera o dentro de la cancha, porque ambas podrían redundar negativamente en la performance deportiva. Por ello es que durante años la ansiedad seguirá siendo un elemento a observar por deportistas entrenadores, profesionales y psicólogos).
Para saber máis:
“Manual de supervivencia sobre el stress. Guía para corrixir desenfoques vitais”.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
¡ Deportes para ricos! O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...
-

A escola tradicional arxentina e do levante español insiste dende hai vinte anos en proclamar como únicamente válida a empuñadura continenta...
-
¡Be water, my friend! Hay jugadoras y también jugadores que entran en la pista desde el minuto uno tan derechos como modelos de pasare...